Nós

"Somos un estudo gráfico cunha liña propia de produtos artesanais"

Ola! Somos Sofía e Fernando. Aínda que a nosa odisea formativa comezou no mundo das Humanidades, as Artes Gráficas chamaron á nosa porta e acabamos titulándonos nas áreas de Deseño Gráfico e Produción Editorial. Quizais, este periplo deixa unha fonda pegada na esencia das nosas creacións. Convidámoste a coñecer o noso traballo!

Os nosos deseños son froito da admiración pola nosa cultura; son a materialización do que nos sae de dentro, alá do fondo, como dixera Celso Emilio. Os produtos están deseñados e feitos a man integramente por Xiralúa, intentado establecer unha marca diferente e de forte identidade

Ademais, ofrecemos diversos servizos como estudo gráfico tales como cartelería, imaxe corporativa, publicidade, invitacións ou agasallos personalizados.

 

SERVIZOS

Ilustración

Dise que unha imaxe vale máis que mil palabras. Se queres ilustrar un libro, un cartaz ou mesmo unha campaña publicitaria, temos unha manchea de ideas esperando por ti.

Corporativo

Unha empresa necesita transmitir os seus valores a través da súa imaxe corporativa. Se precisas unha imaxe orixinal ou renovar a que xa tes, conta connosco! .

Cartelería

Dixo William Bernbach que "a publicidade é persuasión, e a persuasión non é unha ciencia, senón unha arte". Nós poñemos as nosas habilidades ao teu servizo para os teus cartaces ou folletos publicitarios.

Invitacións

Organizas algún evento importante? Unha voda? Unha comuñón? Un aniversario? Convida aos teus achegados botando man dos nosos deseños. Adaptámonos aos teus gustos!

Maquetación

Tes cousas que contar ao mundo e queres darlle forma? Maquetamos os teus traballos deixándoos listos para levar á imprenta. Ti pos a creatividade literaria e nós o deseño editorial. A que agardas?

Deseño de Estampados

Desenvolves un proxecto e necesitas estampados exclusivos para os teus produtos? Encárganos o deseño do estampado e dalle un toque orixinal e xenuíno ao teu proxecto.

Retratos

Un retrato sempre é un agasallo acertado. Realizamos retratos dixitais individuais ou familiares en dous estilos distintos. Podes atopar este servizo na nosa tenda online!

Artigos de agasallo

Ademais dos servizos como estudo gráfico, desenvolvemos unha liña de produtos artesanais cos que facer un agasallo único e orixinal. Todos eles deseñados feitos a man no noso taller.

Traballemos xuntos!

Traballos

Ofrecemos unha ampla gama de servizos como estudo de deseño gráfico.


Tendas

A Vella Fábrica de Lapis

R/ Lugo 61 baixo, Ferrol (A Coruña)

El 39 La Zapatillería

R/ Xuvia 39 Neda (A Coruña)

Basquiart

R/ Colón 30 Ourense (Ourense)

Chan da Pólvora

R/ San Pedro 74 Santiago de Compostela (A Coruña)

Libraría Escolma

R/ Tomás María Mosquera 29 baixo, O Carballiño (Ourense)

A Atlántica

Rúa Nova 3, Santiago de Compostela

De Patio 11

Mercado de Recimil 26 e 27, Ferrol.

TENDA ONLINE

Atopa os nosos produtos na nosa tenda online.