Ola! Somos Xiralúa
Un estudio de deseño gráfico onde as ideas cobran vida. Ofrecemos solucións integrais en deseño publicitario, branding, ilustración e moito máis, axudando a marcas a destacar con creatividade e estratexia.
Ademais, transformamos a nosa paixón polo deseño nunha tenda en liña, onde atoparás láminas, cuncas e complementos téxtiles únicos creados por nós.
Dous mundos unidos polo deseño: servizos personalizados para profesionais e pezas exclusivas para quen busca algo especial.

Ofrecemos solucións gráficas para a túa empresa ou proxecto persoal
Branding
Deseñamos a identidade da túa marca e os elementos que a conforman: logotipo, cores, tipografía, merchandising, manual de uso, etc.
Ilustración
Realizamos ilustración para publicidade ou eventos, tanto para formato en papel como marketing dixital e redes sociais.
Deseño editorial
Encargámonos da maquetaxe de todo tipo de publicacións: catálogos, folletos publicitarios, libros, memorias de actividade, manuais, etc.
Deseño Publicitario
Deseñamos anuncios con personalidade para o teu negocio ou produto, tanto para prensa impresa, como para web ou redes sociais.
algúns dos nosos clientes
Mercar en Xiralúa é apoiar a artesanía galega, o comercio local e a nosa lingua.
Xiralúa
Benvid@ á nosa tenda online! Aquí atoparás unha variedade de produtos confeccionados no noso taller, desde láminas ilustradas por nós, até complementos téxtiles feitos a man.
Mercando en Xiralúa apoias o comercio local!
-
-
Suadoiro Cántiga
35,00 € Seleccionar opcións Este produto ten múltiples variantes. As opcións pódense elixir na páxina de produto -
Suadoiro Maio longo L-XL
35,00 € Seleccionar opcións Este produto ten múltiples variantes. As opcións pódense elixir na páxina de produto -
-
-
PRESENTÁMONOS
Quen está detrás de Xiralúa?
Somos Sofía e Fernando, as persoas detrás do proxecto creativo Xiralúa. Ademais de ser unha marca de artesanía, ofrecemos servizos de deseño para dar solucións gráficas ás vosas necesidades.
Subscríbete á nosa newsletter
Se queres recibir novidades ou promocións da nosa tenda online, ou coñecer as novas entradas do noso blog, cubre o formulario co teu nome e enderezo de e-mail e estarás sempre informad@.
Últimos Posts
No noso blog publicamos sobre deseño, os nosos traballos e outros temas de interese.