Bolso A Coruña. Colección “Hidráulicas”
€49.95
Colección inspirada nas baldosas hidráulicas de diferentes cidades e vilas galegas. Estas aparecen ilustradas na asa deste complemento, feito artesanalmente con teas de tapicería no exterior e un interior con dobre peto e feche de imán. A lapela exterior cerra o bolso a través dun broche. Asa impresa dixitalmente en sarga de algodón, cun ancho de 5 cm e regulable.
As baldosas ou mosaicos hidráulicos eran pezas decorativas de cemento pigmentado inventadas a mediados do século XIX en Francia. Para a súa realización empregábanse moldes metálicos chamados trepas, a través dos que se aplicaban as cores que despois se fixan á base do cemento mediante unha prensa hidráulica, prescindindo así do proceso de cocción. Mesturando o artesanal e o industrial.
Deseño propio. Produto artesán
Características
- Medidas: 27 × 24 x 7 cm aprox.
- Feche con imán no interior
- Asa regulable, de 5 cm de ancho, con estampado de creación propia.
- Sarga de algodón impresa dixitalmente, teas de tapicería no exterior, forro interior con peto.
Dispoñibilidade: Hai existencias