fbpx

Bolso Canido

49.95

Bolso inspirado no barrio ferrolán de Canido, onde cada ano se celebra un evento de arte urbán: As Meninas de Canido. A colorida ilustración, onde aparecen reinterpretadas as personaxes da obra de Velázquez xunto con edificios característicos deste barrio, adorna a asa deste bolso. Produto artesán realizado con teas de tapicería no exterior e un interior con dobre peto e feche de imán. A lapela, baixo a cal se agocha outro peto exterior, cerra o bolso a través dun broche.

Deseño propio. Produto artesán


Características

  • Medidas: 27 × 24 x 7 cm aprox.
  • Feche con imán no interior e broche exterior.
  • Asa regulable, de 5 cm de ancho, con estampado de creación propia.
  • Sarga de algodón impresa dixitalmente, teas de tapicería no exterior, forro interior con peto.

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,
Compárteo