fbpx

Bolso Ferrol. Colección “Hidráulicas”

49.95

Colección inspirada nas baldosas hidráulicas de diferentes cidades e vilas galegas. Estas aparecen ilustradas na asa deste complemento, feito artesanalmente con teas de tapicería no exterior e un interior con dobre peto e feche de imán. A lapela exterior, baixo a cal se agocha outro peto, cerra o bolso a través dun broche. Asa impresa dixitalmente en sarga de algodón, cun ancho de 5 cm e regulable.

As baldosas ou mosaicos hidráulicos eran pezas decorativas de cemento pigmentado inventadas a mediados do século XIX en Francia. Para a súa realización empregábanse moldes metálicos chamados trepas, a través dos que se aplicaban as cores que despois se fixan á base do cemento mediante unha prensa hidráulica, prescindindo así do proceso de cocción. Mesturando o artesanal e o industrial.

Deseño propio. Produto artesán


Características

  • Medidas: 27 × 24 x 7 cm aprox.
  • Feche con imán no interior e broche exterior.
  • Asa regulable, de 5 cm de ancho, con estampado de creación propia.
  • Sarga de algodón impresa dixitalmente, teas de tapicería no exterior, forro interior con peto.

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,
Compárteo