O branding é a esencia da túa empresa ou asociación, a súa personalidade. O xeito no que te comunicas co teu público, o teu nome, o primeiro impacto n@s clientes, en definitiva, o que perdura no tempo e na memoria.


En Xiralúa creamos estilos visuais que conectan marca con cliente intentando que perduren co paso do tempo, utilizando recursos gráficos, tipográficos, cromáticos e semióticos para crear unha verdadeira linguaxe visual propia e única para a túa marca.
Servizos de Branding
Deseño de logotipo
Creamos logotipos adaptados ás túas necesidades, que transmitan os valores da túa empresa e destaquen fronte á competencia.
Deseño de papelaría
Cada elemento do teu negocio, desde a túa tarxeta de visita até as facturas, deben transmitir a personalidade da túa marca de xeito coherente e coidado.
Manual de imaxe corporativa
Deseñamos o manual da túa imaxe para coñecer e garantir o correcto uso do teu logotipo nas súas diversas aplicacións.
Deseño de sinatura de e-mail
A sinatura de e-mail funciona como tarxeta de visita dixital, potenciando a imaxe corporativa da túa marca
Deseño de Logotipo
Escolle o teu pack
Profesional
Potencia a túa imaxe
- 1-4 propostas iniciais
- Até 3 revisións das propostas
- Formatos: .ai, .pdf, .jpg e .png
- Formatos enviados por e-mail
- Ficha técnica do logotipo
- Tarxeta de visita
- Nota: non inclúe variantes do logotipo
Premium
Transmite identidade
- 1-5 propostas iniciais
- Até 5 revisións das propostas
- Formatos: .ai, .pdf, .jpg e .png
- Formatos enviados por e-mail
- Manual básico de imaxe
-
Papelaría básica
- tarxeta de visita
- modelo de carta
- Modelo de sobre
- Modelo de factura - Nota: non inclúe variantes do logotipo
Coida a túa imaxe
Ser único para ser exitoso