fbpx
,

Carteiras

16.95

Pequena colección de carteiras realizadas cos nosos característicos estampados de creación propia, combinados con retrincos de variadas cores. Todos os tecidos xerados tras a confección doutros produtos son aproveitados no noso taller e así xorde esta colorida colección, onde cada modelo é único.

Pequeno e moi práctico: poderás levar nel todo o imprescindible para ti, xa que ten capacidade para moedas, tarxetas e billetes.

Realizamos todas as nosas pezas de xeito artesanal no noso pequeno taller en Teo.

Características:

  • Tres compartimentos interiores: para tarxetas, billetes e un peto con cremalleira para moedas.
  • Cerrado 9 cm x 12 cm aprox.
  • Aberto 12 x 15 cm aprox.
  • Tintas OEKO-TEX e base agua.

Coidados:

Lavar a man usando só a cantidade de deterxente recomendada, preferiblemente cun xabón libre de fosfatos para roupa de cor e evitando o excesivo rozamento. Non usar secadora e deixar secar ao aire libre.

No caso de querer pasar o ferro, recoméndase facelo a baixa temperatura e protexendo cun pano fino a superficie téxtil.

Non empregar branqueador como lixivia ou cloro.

SKU: N/D Categorías: , Etiquetas: , , ,
Modelo

Bos e xenerosos, Faros, Galerías, Hórreos, Elas, Mar, Terra