Outros

  • Tamaño de imaxes para redes

    Nesta ocasión imos falar da importancia de empregar as medidas correctas nas túas publicacións en redes sociais. Hoxe en día calquera negocio está presente en maior ou menor medida no mundo dixital. As redes sociais son un magnífico escaparate para amosar ao mundo o que ofreces a túa clientela. Por isto é tan importante dar unha imaxe coidada e publicar posts con fotografías ou ilustracións que se visualicen do mellor xeito posíbel, sen distorsións ou problemas de pixelado.

    A continuación veremos que medidas empregar nas distintas e máis populares redes sociais para que o teu negocio ou perfil transmita unha imaxe profesional.

    facebook

    Medidas versión escritorio

    • Imaxen de perfil: 180 x 180 px
    • Portada: Amósase en 820 x 312 px. A túa imaxe cargará más rápido se o seu tamaño é de 851 x 315 px, está en formato JPG e pesa menos de 100 KB. Aínda que, se vas amosar logos e /ou texto, recomendamos subir unha imaxe en formato PNG, para ofrecer mellor calidade.
    • Vídeos de portada de Facebook: o vídeo deberá ter alomenos 820 x 312 px e unha duración de entre 20 e 90 segundos. Facebook recomenda a medida 820 × 462 px. para o mellor resultado.
    • Imaxe cadrada en publicacións: 1200 x 1200 px
    • Imaxe horizontal en publicacións: 1200 x 630 px
    • Imaxe do enlace partillado:  1200 x 630 px
    • Imaxe para tendas de Facebook: 1640 x 922 px
    • Imaxe para Facebook Stories: 1080 x 1920 px

    Medidas versión móbil

    • Imaxe de perfil:  Facebook recomenda unha imagen en tamaño 128 × 128 px.
    • Portada: 640 x 360 px. Recoméndase deixar una columna de 134 px por ambos os dous lados e subir unha imagen centrada coas medidas de 560 x 315 px.
    • Vídeos de portada de Facebook: 320 x 312 px
    • Publicacións de imaxes: 1200 x 1200 px
    • Publicacións con enlaces: 1200 x 630 px

    Medidas para publicacións patrocinadas en Facebook

    Ollo! Non é o mesmo un anuncio que promocionar unha publicación. Cada unha destas accións ten as súas medidas.

    • Publicación patrocinada en versión ordenador: 470 x 470 px
    • Publicación patrocinada para móbiles: 626 x 840 px
    • Columna lateral: 254 x 133 px
    Medidas para anuncios en Facebook
    • Anuncios en Facebook estándar: 1200 x 628 px para imaxe horizontal. Recoméndase a medida 1080 x 1080 px para una relación de aspecto de 1:1
    • Anuncios en Facebook en columna lateral: 1200 x 1200 px.
    • Anuncios en Facebook Stories: 1080 x 1920 px
    • Anuncio en secuencia o carrousel: 1080 x 1080 px
    • Anuncios en modo colección: 1200 x 628 px
    • Facebook Marketplace: 1200 x 1200 px

    Instagram

    • Imaxe de perfil: 110 x 110 px.
    • Foto do feed: A imaxe cadrada é a máis común, recomendándose unha medida de 1080 x 1080 px
    • Foto horizontal: 1080 x 566 px 
    • Foto vertical: 1080 x 1350 px
    • Instagram Stories: A medida axeitada é de 1080 x 1920 px. Este tamaño tamén é empregado para os destacados
    • IGTV
      • Video vertical: relación de aspecto de 9:16
      • Video horizontal: relación de aspecto de 16:9

    twitter

    1. Foto de perfil: 400 x 400 px. O peso máximo para as fotos de perfil que admite Twitter é de 2 MB
    2. Cabeceira:  As medidas recomendadas son 1500 x 500 px. O peso máximo non pode superar os 5 MB
    3. Imaxe para un chío: Recoméndase 1600 x 900 px. Nunca debería ser menor de 600 x 335 px. Ademais de fotos en PNG e JPG, Twitter permite publicar chíos con GIFs., mais deberás ter en conta o peso máximo que soporta: 5 MB para fotos, 5 MB para GIFs en móbil e 15 MB en web
      • O máximo de imaxes por chío é catro. Se subes dúas fotos, Twitter vainas amosar unha a carón da outra. Con tres imaxes, unha amosarase á esquerda e as outras dúas á dereita desta, unha enriba doutra. No caso de publicares catro fotos, aparecerán a modo de cuadrícula, en versión móbil. Se as visualizas en ordenador, haberá unha imaxe cadrada grande á esquerda e tres imaxes máis pequenas á dereita
    4. Dimensión das Twitter cards: o tamaño correcto é de 1200 x 628 px. Se vas amosar unha imaxe cadrada, esta deberá ter as medidas 800 x 800 px

    Medidas de anuncios en Twitter

    Nesa rede social, de querer promocionar productos e/ou servizos, realízanse anuncios.  A continuación expoñemos as medidas:

    • Tweet con imaxe e link: 600×335 px. Twitter recomenda que a imaxe teña un ancho mínimo de 600 px. Mais se subes unha imaxe maior vaina optimizar. Se un usuario clica nela, expandirá a imaxe. Se a altura excede o ancho, Twitter recortaraa a una proporción de 16:9
    • Tweet Card: a visualización da imaxe que acompaña a un enlace que partillas amosará a túa foto en tamaño pequeno. Por isto, recorda que Twitter dá a opción de amosar a túa imaxe como parte dunha Twitter Card. O tamaño debe de ser de 800 x 800 px, para tamaño cadrado, e de 1200 x 628 px, para formato horizontal
    • Anuncio con varias imaxes: 1200 x 670 px.

    pinterest

    • Imaxe de perfil: 165 x 165 px.
    • Medidas de un pin: Pinterest recomenda empregar imaxes verticais para amosar productos. A relación de aspecto da túa imaxe debe ser de 2:3. Exemplo: 1000 x 1500 px. O tamaño óptimo mínimo é de 600 x 900 px.
    • Imaxe do taboleiro: 222 x 150 px
    • Imaxe dun Story Pin: os Story Pins son unha das novidades de redes sociais en 2024. Segundo informa Pinterest, os Story Pins terán imaxe de portada e un título.
      • Tamaño mínimo de 900 x 1600 px.
      • Formato que podes empregar: BMP, GIF, JPG, PNG, TIFF, WEBP, .mov. e .mp4.
      • Tamaño máximo del arquivo: 16 MB.

    linkedin

    • Imaxe de perfil: 400 x 400 px
    • Imaxe de portada persoal: 1584 x 396 px
    • Logo de empresa: 300 x 300 px
    • Imaxe de portada para páxinas de empresa: 1536 x 768 px
    • Imaxe de publicación: 1200 x 1200 px
    • Imaxe de publicación con enlace: 520 x 272 px.
    • Banner: 1584 x 396 px

    Medidas de publicidade en Linkedin

    • Anuncio con imaxe: 1200 x 627 px.
    • Anuncio con imaxe e enlace: 520 x 272 px
    • Anuncio de vídeo: 1920 x 1920 px

    youtube

    • Foto del canal ou avatar: 800 x 800 px. Visualizarase en 98 x 98 px
    • Imaxe de cabeceira do canal: para unha óptima resolución recoméndase 2560 x 1440 px. A dimensión mínima é de 2048 × 1152 px

    Ademais, existe unha área de seguridade que será visíbel en todos os dispositivos e que asegura a visualización correcta do texto e o logo da túa cabeceira. Esta es de 1546 x 423 px.

    Visualización da cabeceira segundo o dispositivo

    TV: a resolución será de 2560 x 1440 px. A túa imaxe será visualizada por completo de fondo
    Móbil: 1546 x 423 px  
    Tablet: 1855 x 423 px
    Monitor: 2560 x 423 px

    • Tamaño da miniatura: 1280 x 720 px. A anchura mínima é de 640 px e un límite de peso de 2 MB
    • Vídeos: 1200 x 720 px

    Medidas de anuncios en Youtube

    • Anuncio dentro do vídeo: é o anuncio semitransparente que aparece superposto na parte inferior do vídeo. O tamaño é de 1920 x 1080 px
    • Anuncio fóra do vídeo (columna dereita): pode ser de 300 x 250 px ou de 300 x 60 px

    tiktok

    • Foto de perfil: tamaño mínimo de 200×200 px
    • Tamaño dos vídeos: 1080×1920 px

    Medidas para anuncios en TikTok

    • Imaxe do anuncio no feed: o tamaño óptimo é maior ou igual a 1200 x 628 px e que non supere os 500 KB de peso
    • Vídeo do anuncio no feed: estes poden ter unha relación de aspecto de  9:16, 1: 1 ou 16: 9, polo que o teu vídeo poderá ter unha resolución de 720 x 1280 px, 640 x 640 px o 1280 x 720 px. Non poderá superar os 500 MB. 

    twitch

    • Foto de perfil: 256 x 256 px
    • Banner de perfil: 1.200 × 480 px
    • Banner do reprodutor de vídeo: 1.920 × 1.080 px
    • Imaxes de alertas en Twitch: entre 700 – 750 x 200 – 250 px
    • Miniatura de Twitch VOD: 1.280 x 720 px
    • Insignias de Twitch (insignias de suscritor, emblemas de lealdade): para estas insignias, que simbolizan a lealdade da audiencia co streamer de Twitch, recoméndase subilas netes tres tamaños: 72 x 72, 36 x 36 e 18 x 18 px
    • Emotes de Twitch: Os tamaños recomendados para subir un emote son tres: 28 x 28, 56 x 56 e 112 x 112 px
  • Vantaxes do deseño gráfico

    Na sociedade actual do “aquí e agora” na que vivimos, en ocasións somos reticentes a pagar por un servizo que non ten resultados inmediatos aparentes. Isto acontece acotío no sector do deseño gráfico. En ningún caso debemos ver este pagamento como un gasto, senón como unha inversión no noso negocio ou marca e que terá, de seguro, unha repercusión positiva. A continuación veremos algunhas razóns polas que contratar deseño gráfico para o teu proxecto.

    Aforra tempo

    Se dirixes unha pequena empresa ou es traballador/a por conta propia, o peor que podes perder é o tempo. Se invistes o teu valioso tempo en realizar traballos que non che corresponden, acabarás facendo un sobre esforzo con resultados pouco satisfactorios. É fundamental, polo tanto, que delegues as tarefas gráficas a profesionais formados especificamente para este fin co obxectivo de obter os mellores resultados e dispor mellor do teu tempo.

    Aforra tempo

    Imaxe profesional

    Para transmitir unha imaxe profesional é imprescindible a contratación de servizos gráficos. Os profesionais do deseño gráfico saberán asesorarte e crear a imaxe axeitada para o teu negocio, mantendo unha coherencia estética para todos os elementos corporativos e de merchandising, factor chave na comunicación visual, e destacar fronte á túa competencia.

    profesional

    Deseños de maior calidade garantidos

    Saber operar con programas de deseño ou apps non garante un aspecto profesional nas túas imaxes. A transmisión de profesionalidade acádase con formación, destreza e experiencia, algo que @s especialistas do deseño adquiren con anos de traballo. As pezas gráficas son importantes porque falan do teu negocio e, neste mundo globalizado, a primeira impresión é fundamental para captar a atención da clientela.  

    Capta a atención d@s clientes/as

    Hoxe, máis que nunca, é necesario destacar fronte á competencia. Polo tanto, un bo deseño é crucial para chamar a atención dos potenciais clientes. As profesionais do deseño aportarán coherencia para que cada peza gráfica sexa sólida e potente. Isto traducirase en notoriedade para teu negocio e poderás ter a tranquilidade suficiente para ocuparte de resolver outros asuntos que non poidas delegar.

    Atención
  • Xiralúa. Origins

    Ola! Benvid@ ao noso recén estreado blog. Somos Sofía e Fernando, creadores da marca Xiralúa Estudio Creativo. Con este novo apartado da nosa web trataremos de traer temas relacionados co noso sector e que poidan ser do voso interese. Nesta ocasión, se che apetece coñecer como naceu esta aventura, convidámoste a seguir lendo este artigo.

    Decorría o ano 2013. Ambos os dous provenientes de mundos paralelos vencellados coas humanidades, viñemos converxer nun máster de arqueoloxía buscando non sabemos moi ben o que. Esta é a nosa particular “prehistoria”. No ano 2015 puxemos en común dúas das nosas grandes paixóns: a artesanía e o deseño gráfico. Con estas ferramentas e un marcado carácter galeguista común, no verán dese mesmo ano emprendemos unha pequena viaxe, de feira en feira, pola comarca de Trasancos, tratando de vender colares de arxila, ilustracións, cadernos e algúns complementos téxtiles baixo o nome de Xiralúa. Por que ese nome? Pois ben, o nome da marca veu inspirado por unha canción do polifacético Aute. Tomamos prestada Giraluna, galeguizámola e “soñamos un xiralúa entre un mar de xirasoles”.

    Primeiro mercado ao que asistimos. Magalofes (Fene). Ano 2015
    Papando entre bastidores. Muros mira ao mar 2017

    O comezo non foi doado e o ano seguinte voltamos insistir, participando en mercados de artesanía de festivais e festas populares aquí e acolá, sempre cos pés na terra e incluíndo pequenas melloras e novas incorporacións ao noso repertorio. Así mesmo, fomos descartando colares, broches e xogos (Ai!, ese Emparellados canto traballo deu!, mais que fermoso era…), e centramos a nosa produción en complementos téxtiles, como bolsos, moedeiros e estoxos con teas de deseño propio, complementando con cadernos, postais e láminas. Nesta altura quixemos incorporar tamén camisolas e bolsas de algodón impresas mediante serigrafía tradicional. Fixémonos, pois, cun brazo clásico de serigrafía, elaboramos marcos e unha insoladora caseira, e mercamos emulsión, tinta e malla. Conseguimos imprimir uns centos de camisolas e outro tanto de totebags… até acadamos a “carta de artesán” por estes traballos! Co tempo fomos delegando a impresión de sacas e camisolas a profesionais do sector para poder atender a outras tarefas e garantir a calidade do noso produto.

    Xogo “Emparellados”. Pintado a man, ollo!!!
    Brazo de serigrafía nun taller improvisado
    Detalle de produto téxtil
    Feiras…
    feiras…
    …e máis feiras

    Cada ano tratamos de facelo un pouquichiño mellor e, grazas a xente que se interesou polo noso traballo, fomos expoñendo as nosas humildes pezas gráficas por diferentes locais que nos abriron as súas portas. Recordamos con agarimo a nosa primeira exposición no centro social do Fuscalho, na Guarda; posteriormente na Fundaçom Artábria, en Ferrol. Algunhas tendas boas e xenerosas, como a nosa querida Vella Fábrica de Lapis, puxéronse en contacto con nós, dando lugar a unha rede de colaboracións que nos permitirían chegar, máis adiante, a varios puntos da xeografía galega.

    Co tempo, a base de fío e pedal, fomos mellorando a nosa confección de complementos téxtiles e conseguimos a calificación de taller artesanal baixo a marca Artesanía de Galicia. Do noso taller foron saíndo novos estampados e novas coleccións de mochilas, moedeiros, coleteiros, chaveiros e bolsos. Tamén no eido da ilustración seguimos a experimentar e explorar novos estilos, sempre coa cultura galega como fonte de inspiración.

    Rexurdir para vivir. Exposición na Fundaçom Artábria. Ferrol.
    Algúns dos nosos traballos ao longo deste periplo

    Paralelamente a esta vida itinerante, foron xurdindo persoas interesadas na contratación dos nosos servizos gráficos, contribuíndo á nosa especialización nos eidos da ilustración, o branding e o deseño editorial. Grazas de corazón a todas elas por confiar en nós e brindarnos a posibilidade de mellorar a través das súas encargas.

    Non queremos deixar de agradecer, tamén, a familiares e amizades que fixeron o noso camiño máis doado, sendo en moitos casos os nosos primeiros clientes e auténticos fans number one, converténdose por momentos en modelos, community managers, fotógrafas, deseñadores web (santa paciencia, Roberto), sen esquecer a clientes pasados, presentes e potenciais, e mais as tendas que apostaron polo noso traballo.

    Grazas por seguir aí.