Condicións xerais:

As presentes Condicións Xerais foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSICE), a Lei 7/1998 sobre Condiciones Generales de Contratación, o Real Decreto 1906/1999 polo que se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, o Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Ley General de Defensa de los Consumidores y Usuarios e outras leis complementarias, a Lei 7/1996 de Ordenación del Comercio Minorista, o Real Decreto-Lei 14/1999 reguladora da Firma Electrónica e cantas disposicións legais resulten de aplicación.

Toda a información proporcionada durante o proceso de contratación será almacenada por Xiralúa de xeito que @ cliente poderá, previa solicitude efectuada mediante correo electrónico á dirección [email protected], solicitar información referente ás operacións efectuadas por el/ela dentro dos 6 meses anteriores. Calquera modificación e/ou corrección dos dados proporcionados pol@s clientes durante a navegación deberá efectuarse segundo as indicacións incluídas no sitio web.

@ cliente poderá realizar as súas compras unha vez teña proporcionado os dados solicitados por Xiralúa. No caso de non facilitar todos os dados solicitados, o proceso de compra non poderá ser completado e, polo tanto, non poderá efectuarse a compra por parte d@ cliente.

O cliente será responsábel da actualización dos seus dados identificativos, de facturación e entrega. Xiralúa non se responsabiliza de calquera erro identificativo que teña como orixe @ usuari@.

Todos os produtos están suxeitos a dispoñibilidade no momento do pedido. Xiralúa resérvase o dereito de cambiar, en calquera momento, a cantidade e/ou o tipo de produtos que poidan comprarse no sitio.

A propiedade do produto mercado no sitio será transferida ao/á cliente no momento da entrega, baixo a condición de que Xiralúa teña percibido o pagamento do valor total dos bens. En calquera caso, os riscos de danos e/ou extravío do produto transfírense ao/á cliente no momento da entrega.

Políticas de prezos

Os prezos da tenda online están expresados en euros e inclúen o IVE (Imposto do Valor Engadido). Non inclúen gastos de envío e entrega.

Xiralúa resérvase o dereito de variar o prezo dos artigos sen previo aviso de acordo coas condicións do mercado. Os prezos publicados no noso catálogo non constitúen unha oferta e polo tanto é de obrigado cumprimento ser subministrados a dito prezo en todos os casos.

Impostos

Os prezos dos produtos que se atopan á venda na tenda inclúen o IVE (Imposto do Valor Engadido) que terá que ser pagado en calquera caso.

Formas de Pagamento

Na tenda de Xiralúa hai unha forma de realizar o pagamento: a través de tarxeta de crédito (xestionado pola plataforma Stripe).


Gastos de Envío

Na tenda de Xiralúa só se realizan envíos á Península Ibérica e Illas Balears. Os envíos teñen un prezo de 4,50 € (tarifa plana) e realízanse coa empresa Correos a través do paquete estándar certificado. Para envíos fóra da Península e Balears, contacte con nós vía e-mail para ofrecerlle a tarifa personalizada (para estes casos realizarase a compra a través de transferencia bancaria)

Prazo de entrega

O prazo de entrega pode variar en función da dispoñibilidade dos produtos. Para os produtos en stock, o prazo de entrega habitual ronda as 48-72 horas a partir da súa entrega en Correos.

Para aqueles produtos que non estean en stock, @ cliente pode contactar con nós por correo electrónico e informaremos da reposición do material e o prazo de entrega estimado.

Os pedidos entregaranse a Correos todos os venres de cada semana, agás casos puntuais.


Devolucións, cambios e garantía

Se @ cliente non está satisfeito co produto recibido, terá 7 días para realizar a devolución do mesmo. Neste caso devolverase o importe da compra con excepción dos gastos de envío, cos que ten que correr @ propi@ cliente.

Para poder realizar a devolución será un requirimento indispensábel que  o produto estea en perfectas condicións. Xiralúa resérvase o dereito de rexeitar aquelas devolucións que non cumpran con estas condicións.

No caso de que o envío non chegue en perfectas condicións, ou que houbera un erro por parte de Xiralúa, @ cliente terá dereito a solicitar que se lle reenvíe o produto sen custo adicional pola súa parte, unha vez que o produto teña sido devolto á nosa dirección e se teña comprobado a incidencia. No caso de que o envío sufrira danos durante o transporte, o cliente deberá comunicar dita situación a Xiralúa antes de 24 horas naturais posteriores á súa recepción. Neste caso, Xiralúa iniciará o procedemento de reclamación á compañía de transportes para substituír a mercadoría danada sen cargo adicional ao cliente.

Se desexa devolver un produto adquirido deberá notificalo previamente por e-mail á dirección: [email protected] indicando o seguinte:

  • Data, nome e dirección de e-mail.
  • Produto/s mercado/s incluíndo o prezo.
  • Motivo da devolución.

Unha vez analizada a súa petición enviaránselle por e-mail as instrucións precisas para realizar a devolución. Unha vez recibido e comprobado o estado do produto procederase a realizar o abono correspondente.

No caso de querer realizar un cambio de produto (ben sexa talla ou modelo), deberá ser @ cliente o que corra cos gastos de envío da devolución, mentres que para recibir o produto cambiado terá que realizar o ingreso de 3 € a maiores (na conta que facilitará Xiralúa)  para o novo envío.

Garantía

Xiralúa garante por un mes a partires da data de compra a calidade do produto e o funcionamento normal do mesmo, así como calquera defecto de fabricación, os materiais e a man de obra.

A garantía non será válida nas seguintes condicións:

  • O uso e desgaste normal dos produtos tanto de papelaría como téxtil.
  • Cando o produto teña sido usado fóra da súa capacidade, maltratado, golpeado ou exposto a condicións ambientais non apropiadas.

O proceso de garantía é o seguinte:

  • Se o artigo presenta algunha irregularidade e/ou defecto de fabricación e se tiveron en conta todas as recomendacións de coidado e limpeza do produto, débese informar ao e-mail xiralua.[email protected].
  • É importante presentar o xustificante de compra para validar os dados da mesma, así como presentar o artigo en cuestión.
  • A nosa garantía inclúe a reparación, reposición parcial ou total do produto sen ocasionar gasto a maiores ao/á cliente.

Reclamacións

Non se admitirán nin haberá responsabilidade de danos (incluíndo os ocasionados durante o transporte) a non ser que @ comprador/a o notifique vía e-mail ao vendedor antes das 24 horas posteriores á data de recepción dos produtos.