Falamos?

Se tes calquera consulta, dúbida ou suxestión podes contactar con nós a través de correo electrónico, whatsapp ou directamente a través deste formulario.

E se queres seguir os nosos traballos aquí tes as nosas contas de Instagram e Facebook!

Preguntas frecuentes

O teletraballo veu para quedar. En Xiralúa xestionamos os traballos desde casa. O medio máis habitual para comunicarnos cos clientes é o e-mail. Aínda que tamén podemos atender o teléfono, o Whatsapp e realizar videochamadas no caso de ser necesario. 

Non. Os produtos de Xiralúa pódense conseguir a través da nosa tenda online ou en tendas colaboradoras en diversos puntos do país. 

A vella fábrica de lapis (Ferrol)
O Camiño empeza agora (Compostela)
Vaidhé (Vigo)
Amo Galicia (Pontevedra)
Mamasunción (Silleda)
Alecrín (Betanzos)
Rincón Scarlatta (Bertamiráns)
O estanco de Neda (Neda)

Os envíos dos teus pedidos facémolos, por norma xeral, todos os venres de mañá. Os nosos envíos son sempre certificados e establecemos unha tarifa plana de 4,50 €. Terás o teu pedido na casa en 2-3 días laborables desde que se entrega o paquete na oficina de Correos.

Se @ cliente non está satisfeito/a co produto recibido, terá 7 días para realizar a devolución do mesmo. Neste caso devolverase o importe da compra con excepción dos gastos de envío, cos que ten que correr @ propi@ cliente.