fbpx

Deseño Editorial

O deseño editorial é a parte do deseño gráfico dedicada á maquetaxe e composición de publicacións como revistas, xornais, libros, catálogos

catalogo xunta de galicia
triptico sobre igrexas romanicas galegas

O principal cometido do deseño editorial é a organización e presentación de imaxes e textos dun xeito claro, aportando valor estético e personalidade a un contido para atraer atención d@s lectores/as.

Para acadar un bo deseño editorial debemos conseguir unha coherencia entre a aparencia gráfica e o contido dunha publicación. Cada xénero ten as súas especificacións estéticas, derivadas dos obxectivos editoriais e do público ao que vai dirixida a publicación.

Fervenzas de Galiza

Servizos de deseño e maquetaxe

Revistas

Deseñamos e maquetamos revistas de diferente temática: moda, deportes, ciencia...

Libros

Realizamos a maquetaxe de calquera xénero literario: novelas, poemarios, ensaios, teatro…

Catálogos

Maquetamos todo tipo de catálogos para a túa empresa: moda, mobiliario, vehículos…

Memoria

Maquetamos os resultados anuais da túa empresa empregando gráficas, iconas e imaxes.

Folleto

Deseñamos folletos, flyers, dípticos e trípticos para publicitar eventos, festas, roteiros...

Guías

Deseñamos e maquetamos guías turísiticas para promocionar lugares de interese e roteiros do teu concello.

Fases do servizo de deseño

1

Contacto co cliente

Falamos co cliente para coñecer os obxectivos da publicación, o seu contido previsto e o público ao que vai dirixido

2

Reunión do equipo

Estudaremos as tipografías, a dispoñibilidade de imaxes… todo o necesario para dar forma aos primeiros bosquexos

3

Maquetaxe

Preparamos a maquetaxe íntegra da publicación que pode incluír o retoque de imaxes, composición de textos e creación de infografías, gráficos, etc.

4

Revisión do
cliente

O cliente verá o deseño feito e poderá facer as puntualizacións que estime oportunas antes de realizar a impresión

5

Cambios finais

Realízanse as modificacións solicitadas polo cliente

6

Arte final

Preparación da publicación para a súa correcta impresión ou xeración de arquivos dixitais

Solicita o teu orzamento

Tamén che pode interesar