O deseño editorial é a parte do deseño gráfico dedicada á maquetaxe e composición de publicacións como revistas, xornais, libros, catálogos…
O principal cometido do deseño editorial é a organización e presentación de imaxes e textos dun xeito claro, aportando valor estético e personalidade a un contido para atraer atención d@s lectores/as.
Para acadar un bo deseño editorial debemos conseguir unha coherencia entre a aparencia gráfica e o contido dunha publicación. Cada xénero ten as súas especificacións estéticas, derivadas dos obxectivos editoriais e do público ao que vai dirixida a publicación.
Servizos de deseño e maquetaxe
Revistas
Deseñamos e maquetamos revistas de diferente temática: moda, deportes, ciencia...
Libros
Realizamos a maquetaxe de calquera xénero literario: novelas, poemarios, ensaios, teatro…
Catálogos
Maquetamos todo tipo de catálogos para a túa empresa: moda, mobiliario, vehículos…
Memoria
Maquetamos os resultados anuais da túa empresa empregando gráficas, iconas e imaxes.
Folleto
Deseñamos folletos, flyers, dípticos e trípticos para publicitar eventos, festas, roteiros...
Guías
Deseñamos e maquetamos guías turísiticas para promocionar lugares de interese e roteiros do teu concello.
Fases do servizo de deseño
1
Contacto co cliente
Falamos co cliente para coñecer os obxectivos da publicación, o seu contido previsto e o público ao que vai dirixido
2
Reunión do equipo
Estudaremos as tipografías, a dispoñibilidade de imaxes… todo o necesario para dar forma aos primeiros bosquexos
3
Maquetaxe
Preparamos a maquetaxe íntegra da publicación que pode incluír o retoque de imaxes, composición de textos e creación de infografías, gráficos, etc.
4
Revisión do
cliente
O cliente verá o deseño feito e poderá facer as puntualizacións que estime oportunas antes de realizar a impresión
5
Cambios finais
Realízanse as modificacións solicitadas polo cliente
6
Arte final
Preparación da publicación para a súa correcta impresión ou xeración de arquivos dixitais