Descripción
Esta faldriqueira rende homenaxe á Revolução dos Cravos, símbolo de liberdade e esperanza en Portugal. O seu estampado de creación propia combina arte e memoria, inspirándose na forza colectiva dun pobo que floreceu en vermello.
Sobre un fondo beixe, destacan os caraveis vermellos e verdes, cores vivas que contrastan co ton negro doutros elementos do bolso. No seu centro, uns versos da canción “Grândola, Vila Morena” fan da peza un manifesto poético e emocional.
Confeccionada en tecido impermeable e con deseño por ambos lados, garante durabilidade sen perder elegancia.
Dispón dunha asa de algodón de 3 cm de grosor, regulable e con peche de mosquetón para maior comodidade. O forro interior tamén está estampado, coidando cada detalle desde dentro.
Unha faldriqueira que celebra a liberdade. ❤️💚





Valoraciones
No hay valoraciones aún.