Xiralúa

Lavandeiras

15,00 

Lámina Lavandeiras, forma parte dunha colección de ilustracións que recrean escenas da vida cotiá a partir de fermosas fotografías antigas representativas da cultura popular galega.

 

Características:

  • Cadrada (200 x 200 mm)
  • Papel: estucado mate 350 g
  • Impresión Dixital
  • Deseño de Xiralúa
  • Non inclúe marco

2 disponibles

Categorías: ,

Descripción

Colección de oficios: Lavandeiras

Esta colección de ilustracións nace do desexo de rescatar e reinterpretar escenas cotiás da Galiza tradicional, a partir de fotografías antigas que capturan momentos representativos da cultura popular galega. As imaxes orixinais, moitas delas en branco e negro, son auténticos documentos visuais cargados de memoria, emoción e beleza. Quixemos traducir esa esencia a unha linguaxe gráfica máis contemporánea, establecendo unha ponte entre o pasado e o presente.

Tradición e modernidade

A través da cor, a composición e un enfoque artístico actual, quixemos transformar recordos visuais en pezas que falan tanto de identidade como de renovación. A estética moderna non busca borrar a pegada do tempo, senón acompañala, resaltala e outorgarlle un novo significado. Así, o xesto dunha muller lavando no río ou unha escena de romería convértense en estampas atemporais que seguen dialogando cos que as observan hoxe.

A colección non só pretende evocar a Galiza de antes, senón tamén poñer en valor as raíces, a cotiandade compartida e as pequenas historias que conforman o tecido emocional dunha cultura.

A través desta fusión de reminiscencia e estética contemporánea, propoñemos unha maneira de mirar o pasado con tenrura, respecto e creatividade.

Máis información sobre esta colección

A peza Redeiras pertence a unha colección que podedes ver «completa» no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/

Sobre as redeiras:

Máis información sobre este oficio aquí

E recorda!

Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación. No seu obradoiro realizan deseños especiais para cada peza en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas en calidade Conservación, con vidro transparente, traseira de MDF e colgador metálico de serreta. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Lavandeiras”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *