Xiralúa

Mochila Bos e Xenerosos

60,00 

As nosas mochilas son elaboradas artesanalmente e por iso cada peza é única.

  • Mochila artesanal feita a man no noso taller.
  • Deseño exclusivo con estampado propio de hórreos galegos.
  • Peche superior con cremalleira ancha azul mariño.
  • Compartimento traseiro con cremalleira vertical para maior funcionalidade.
  • Asas regulables de algodón espigado (3 cm de ancho) e pequenas asas de man con broche de unión.
  • Forro interior listado con peto aberto para pequenos obxectos.
  • Medidas aproximadas: 28 x 32 x 5 cm.
  • Inspirada na tradición e na arquitectura galega.

 

 

Categorías: ,

Descripción

Mochila artesanal con estampado literario

Feita artesanalmente no noso taller, esta mochila combina funcionalidade, deseño e identidade galega. O seu corpo principal, en azul claro, serve de lenzo perfecto para destacar o estampado frontal, un deseño miniumalista onde coa silueta de diferentes persoeiros da literatura galega.

Características

O peto frontal, decorado con este estampado exclusivo, cobrese cunha lapela de pana que fecha cun broche metálico, engadindo textura e contraste á composición. Na parte superior, unha ancha cremalleira azul mariño garante un peche seguro e práctico, mentres que na parte traseira incorpora outro compartimento con cremalleira vertical, ideal para gardar obxectos de uso frecuente.

As asas regulables de algodón espigado, de 3 cm de ancho, aseguran comodidade e resistencia, e complétanse con dúas pequenas asas de man que tamén contan cun feche de broche para maior seguridade e estilo.

No interior, un forro listado e un pequeno peto aberto.

Cada mochila é unha peza única, confeccionada de maneira artesanal, polo que pode presentar pequenas variacións que lle outorgan carácter e autenticidade.

Medidas aproximadas: 28 x 32 x 5 cm

Unha mochila con alma galega, práctica e elegante, que une tradición, deseño e funcionalidade para acompañarte en cada camiño. 💙

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Mochila Bos e Xenerosos”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *