Descripción
Lámina Pandeireteiras
A ilustración «Pandeireteiras» é unha homenaxe ás mulleres anónimas que, co seu saber transmitido de xeración en xeración, fixeron da tradición oral un legado vivo. Elas son a memoria cantada da Galiza, a forza que mantén acesa a palabra e o ritmo da nosa cultura.
Máis información sobre as pandeireteiras:
Para saber algo máis sobre estas figuras podes ler o seguinte artigo aquí
Máis ilustración nestes estilo pictórico para combinar:
https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/ultimas/
https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
E recorda!
Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación, onde realizan deseños especiais para cada peza todos en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas e sempre en calidade Conservación, con vidro transparente de 2mm, traseira de MDF e colgador metálico de serrreta no reverso. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.