fbpx

Estudio Creativo - Deseño Gráfico

#artesanía
#branding corporativo
#ilustración dixital
#deseño editorial

Marca galega de deseño e artesanía, estudio gráfico e tenda online 

ESTUDIO GRÁFICO

Coñece os nosos servizos gráficos

branding


Branding

Deseñamos todos os elementos que conforman a imaxe da túa empresa ou marca: logotipo, cores, tipografía, manual de uso, etc.

ilustracion


Ilustración

Realizamos ilustración para publicitar ou promocionar os teus eventos, tanto para o formato papel como para marketing dixital e redes sociais.

editorial


Deseño Editorial

Encargámonos da maquetaxe de todo tipo de publicacións: libros, revistas, manuais, guías, catálogos, folletos publicitarios (flyers, dípticos, trípticos...)

solicita o teu orzamento

Cóntanos que precisas e enviámosche un orzamento axustado ás túas necesidades

quen somos

coñece a nosa historia

Xiralúa é un estudio creativo situado na zona de Santiago de Compostela que desenvolve, desde o ano 2015, unha liña de produtos con deseño propio e, na súa maioría, elaborados a man. A inspiración destas creacións procede da cultura e patrimonio do noso país. Tratamos de transmitir, dun xeito persoal e fresco, os símbolos e referencias da cultura galega e integralos en obxectos de uso cotián como complementos téxtiles, láminas ou cadernos de notas. 

Ao longo destes anos, tamén ofrecemos servizos de deseño gráfico nas áreas do branding, a ilustración e o deseño editorial. Deste xeito, atendemos a demanda de clientes particulares como de empresas de comunicación e márketing, ou mesmo institucións públicas, co obxectivo de cubrir as súas necesidades. 
Se precisas calquera dos nosos servizos, non dubides en contactar. Falamos?

TENDAS COLABORADORAS

COMPOSTELA

Rua Algalia de Arriba, 27

COMPOSTELA

Rúa da Caldeirería, 33

FERROL

Rúa Lugo, 61

FERROL

Praza Cruceiro de Canido, 3

PONTEVEDRA

Rúa San Román, Praza da Verdura, 20

SILLEDA

Rúa Trasdeza, 96, Baixo

O CARBALLIÑO

Rúa Tomás María Mosquera, 44

LUGO

Salvador de Madariaga 1
Local 4

LUGO

María Castaña, esq., Praza Augas Férreas

ORDES

Mercado, 6 baixo

AMES

Plaza Mahía, 1, Bertamiráns

artesania_galicia
emega