Mochila Bos e Xenerosos
€50.00
Mochila elaborada con tea de loneta de tonalidade grisácea e repelente a auga. O peto exterior de lona leva un estampado de deseño propio con retratos de diferentes figuras da literatura galega.
Consta dunha pequena asa de man e dúas asas regulables de 2 cm de ancho (cinta de algodón espigado). Ten un feche superior con cremalleira baixo a solapa con broche de imán; conta tamén con outra pequena cremalleira exterior pola parte traseira para gardar o móbil, a carteira, as chaves… No interior conta cun forro listado e un pequeno peto aberto.
As nosas mochilas son elaboradas artesanalmente e por iso cada peza é única.
Medidas: 29 x 31 cm aprox.
Dispoñibilidade: Hai existencias