Mochila Elas
€54.95
Mochila elaborada con tea de loneta de tonalidade rosa e repelente a auga. O peto exterior de lona leva un estampado de deseño propio coa ilustración en estilo acuarela de diferentes mulleres galegas (escritoras, xornalistas, mestras, científicas, etc); presenta un forro interior de tea impermeable.
Consta dunha pequena asa de man e dúas asas anchas (3 cm) regulables. Ten un feche superior con cremalleira baixo a solapa con broche de imán; conta tamén con outra pequena creamalleira exterior pola parte traseira para gardar o móbil, a carteira, as chaves… No interior conta cun forro listado e un pequeno peto aberto.
As nosas mochilas son elaboradas artesanalmente e por iso cada peza é única.
Medidas: 33 x 34 cm aprox.
Dispoñibilidade: Hai existencias