Moedeiro Elas
€15.00
Moedeiro ou pequeno neceser, úsao como máis che preste! O estampado deste produto está inspirado en diferentes mulleres galegas que destacaron nas súas disciplinas (ciencia, arte, música, literatura, xornalismo…).
Algunhas das figuras representadas son Rosalía de Castro, Sofía Novoa, Clara Corral Ayer, Maruja Mallo, Luz Pozo Garza, Ángeles Ruíz Robles, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, María Casares, María Barbeito, Anisia Miranda, Isabel Ríos, Filomena Dato, María Miramontes, Enriqueta Otero, Pura Vázquez, María Valverde, Jesusa Prado, Mercedes Vieito, María Vinyals, Syra Alonso, etc.
Deseñamos en confeccionamos este produto de xeito artesanal no noso humilde obradoiro.
Características:
- Lona de algodón sen branquear (330gr)
- Forro interior
- Impresión dixital en ambos lados.
- 13 cm x 10 cm x 4 cm
- Tintas OEKO-TEX e base agua.
Coidados:
Lavar a man e pasar o ferro a baixa temperatura, preferiblemente colocando unha tea ou pano entre o ferro e o moedeiro.
Dispoñibilidade: Hai existencias