fbpx

Lámina Coralia e Maruxa

15.00

Esta ilustración é unha homenaxe ás emblemáticas irmás compostelás Coralia e Maruxa, máis coñecidas como as dúas Marías. As súas coradas roupas contrastan coa represión que sufriron xunto cos seus irmáns trala Guerra Civil a causa da postura política republicana da súa familia. Durante moito tempo consideradas simplemente personaxes pintorescas e mesmo como tolas, hoxe coñecemos a súa triste historia de represión pero tamén de resistencia

Acompaña a ilustración unha frase de Luís Seoane que aparece no limiar do libro Na brétema, Sant-Iago (1956) ao que pertencen poemas como “Cabo. A derradeira imaxe. 1936” e que fala, precisamente, da violencia específica que se exerceu contra as mulleres durante o franquismo.

“Mais, nós non estamos vencidos. O paxaro canta ceibe no noso peito”. 

Un poema que ben podía estar escrito pensando en Maruxa e Coralia, así como en tantas outras vítimas da represión:

A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre, era levada en camisa pol-as rúas marcadas a fogo tres letras na fronte, a cabeza enfeitada, escarnecida, despoxada dos longos rizos loiros. Berrábanlle as letras da fronte. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.


Características:

  • Dúas opcións de tamaño:  A4 (297 x 210 mm)
  • Papel: estucado mate 350 g
  • Impresión Dixital
  • Deseño de Xiralúa
  • Non inclúe marco

 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Tamaño lámina

A4 (210×297 mm), Formato cadrado (200 x 200 mm)