fbpx

Mochila Elas

50.00

Mochila Elas, cun estampado inspirado en diferentes mulleres galegas que destacaron nas súas disciplinas (ciencia, arte, música, literatura, xornalismo…)

As mochilas Xiralúa son pezas artesanais que realizamos no noso pequeno obradoiro, en Teo, nun proceso integral que comeza co deseño dos estampados, aos que damos forma a través da ilustración dixital, pasando pola selección de materiais, até a confección final do produto.


Características xerais
Tamaño: 27 x 30 cm aprox.
Materiais: loneta impresa dixitalmente de algodón orgánico (GOTS), teas de tapicería no exterior (STANDARD 100 por OEKO-TEX®), forro interior con dous petos, asas de 3 cm regulables e pequena asa de man de algodón espigado, dous broches metálicos no exterior, un broche de imán no interior e compartimento extraíble no interior con feche de cremalleira (con capacidade para unha tableta de 11″). A parte traseira conta cun práctico peto que fecha con cremalleira, accesible só para a usuaria; deste xeito podemos gardar a carteira e o teléfono dunha forma máis accesible.

Coidado do tecido
Recoméndase lavala a man e non deixar en remollo máis do indicado.
Nunca lavar en seco, nin empregar secadora.
Á hora de pasar o ferro, recoméndase facelo a baixa temperatura.

Limpiar
SKU: N/D Categorías: , Etiquetas: , , , ,
Compárteo
Modelo Cor

Azul, Granate