¡Oferta!
Mochila Modernismo
€43.50
As mochilas Xiralúa son pezas artesanais que realizamos no noso pequeno obradoiro, nun proceso integral que comeza co deseño dos estampados, aos que damos forma a través da ilustración dixital, pasando pola selección de materiais, até a confección final do produto.
Dimensións:
28×30 cm aprox.
Características:
- Feche con cremalleira na parte superior.
- A parte traseira conta cun práctico peto que fecha con cremalleira, accesible só para a usuaria; deste xeito podemos gardar a carteira e o teléfono dunha forma máis accesible.
- Peto exterior con estampado de hórreos
- Peto interior
Materiais:
Loneta de algodón (orgánico Gots) impresa dixitalmente e teas de tapicería no exterior (poliéster), forro interior cuadriculado con peto, asas regulábeis de 3 cm de ancho e pequenas asas de man.
Dispoñibilidade: Hai existencias