fbpx

Mochila Retrincos. Faros

40.00

Do aproveitamento de tecidos de anteriores coleccións xurde esta curta tirada de mochilas, que demos en chamar Retrincos.

Así, poderás escoller entre os nosos clásicos estampados combinados con lonetas impermeables de alegres cores. Estas mochilas cerran cun broche de imán no interior e con dous broches a presión colocados na lapela exterior. As asas son de 3 cm de ancho para maior comodidade e poden regularse. O forro interior é de loneta e presenta dous petos.


Características xerais
Medidas: 27 x 30 cm aprox.
Materiais: loneta de algodón orgánico impreso co noso estampado de faros galegos, loneta exterior impermeable, forro interior de loneta con dous petos, asas de 3 cm de polipropileno regulables, con fibela de plástico. Asa pequena de man de algodón espigado de 2 cm de ancho.

As mochilas Xiralúa son pezas artesanais que realizamos no noso pequeno obradoiro, en Teo, nun proceso integral que comeza co deseño dos estampados, aos que damos forma a través da ilustración dixital, pasando pola selección de materiais, até a confección final do produto.
O estampado, de creación propia, está impreso dixitalmente en loneta de algodón orgánico con certificado GOTS e con tintas OEKO-TEX e de base auga.

Coidado do tecido

Se precisas lavar a mochila podes facelo a man, empregando só a cantidade de deterxente recomendada e non deixar en remollo máis do indicado. No caso de lavar a máquina, recoméndase darlle á volta á peza e mesmo introducir unha toalla no interior para que abulte e non se pregue durante o ciclo de lavado, a unha temperatura non superior a 30º (pode usarse un programa para roupa delicada). Nunca lavar en seco, nin empregar secadora.
Á hora de pasar o ferro, recoméndase facelo a baixa temperatura pola cara contraria á impresión. No caso do tecido monocromático exterior non se pode planchar xa que se trata dunha loneta impermeable, resistente ás manchas e á decoloración.

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: , Etiquetas: , , , ,
Compárteo