fbpx
Oferta!
,

Mochila Xeración Nós (mini)

50.00

Mochila co deseño da portada da Revista Nós, reinterpretada por Xiralúa: trátase dunha revisión  do deseño de Castelao, dándolle un  toque diferente levando varias personalidades salientables desta xeración ao propio deseño. Deste xeito, podedes identificar na portada ao propio Castelao, mais tamén a Otero Pedraio, Risco, López Cuevillas, Lousada Diéguez e mais Ramón Cabanillas.

A mochila fecha con cremalleira e cúbrese exteriormente cunha lapela con broche de imán. No exterior presenta un peto ilustrado. No seu interior conta cun forro de estampado xeométrico (cadros) e un peto para gardar o teléfono, chaves… As teas exteriores son lonetas de tapicería de tonalidades negras e grises e as asas son de algodón de 3 cm de ancho, regulables. Conta tamén cunha pequena asa de man de 2 cm de ancho e en algodón espigado.


  • Medidas: 34 x 28 x 4 cm

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: ,