Xiralúa

Abraçando a liberdade

15,00 

Características:

  • Cadrada (200 x 200 mm)
  • Papel: estucado mate 350 g
  • Impresión Dixital
  • Deseño de Xiralúa
  • Non inclúe marco
Categorías: ,

Descripción

Lámina Abraçando a liberdade

Un abrazo á liberdade é unha ilustración que rende homenaxe ao 25 de abril, a Revolução dos Cravos, símbolo da conquista da liberdade en Portugal.
A protagonista é unha rapaza nova que abraza con tenrura un feixe de cravos vermellos, flor que se converteu no emblema pacífico desta revolta.

O xesto do abrazo representa a esperanza, a memoria e o compromiso coas loitas pola liberdade e a dignidade dos pobos. O seu xesto é sereno e íntimo, coma quen acolle algo valioso e querido.

O estilo da obra é sinxelo e expresivo, centrado na forza simbólica da escena. A paleta cromática é contida, dominada por tons terra e o azul mariño, que contrastan coa viveza do vermello dos cravos, verdadeiro centro emocional da composición.

Esta peza apela á memoria, á emoción e ao coidado da liberdade. Porque a liberdade tamén se abraza, se agarda e se soña.

Máis ilustración nestes estilo pictórico para combinar:

https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/ultimas/

https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/

Sobre o 25 de abril:

Máis información sobre este acontecemento aquí

E recorda!

Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación. Realizan deseños especiais para cada peza, todos en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas e sempre en calidade Conservación, con vidro transparente de 2mm, traseira de MDF e colgador metálico de serrreta no reverso. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Abraçando a liberdade”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *