Skip to main content

Xiralúa

Esgotado

Carteira Canido

20,00 

Pequena colección de carteiras realizadas cos nosos característicos estampados de creación propia, combinados con retrincos de variadas cores. Todos os tecidos xerados tras a confección doutros produtos son aproveitados no noso taller. Xurde así esta colorida colección, onde cada modelo é único.

Pequeno e moi práctico: poderás levar nel todo o imprescindible para ti, xa que ten capacidade para moedas, tarxetas e billetes.

Realizamos todas as nosas pezas de xeito artesanal no noso pequeno taller en Teo.

Características:

  • Tres compartimentos interiores: para tarxetas, billetes e un peto con cremalleira para moedas.
  • Cerrado 9 cm x 12 cm aprox.
  • Aberto 12 x 15 cm aprox.
  • Tintas OEKO-TEX e base agua.

Coidados:

Lavar a man usando só a cantidade de deterxente recomendada, preferiblemente cun xabón libre de fosfatos para roupa de cor e evitando o excesivo rozame

</p>

nto. Non usar secadora e deixar secar ao aire libre.

No caso de querer pasar o ferro, recoméndase facelo a baixa tempe

ratura

e protexendo cun pano fino a superficie téxtil.

Non empregar branqueador como lixivia ou cloro.

Esgotado

Categorías: , Etiquetas: , , ,

Descripción

Carteira Canido

Colorida colección de carteiras artesanais, combinando os nosos estampados exclusivos con retrincos de tecidos de distintas cores. Cada carteira é unha peza única, creada a partir do aproveitamento responsable dos tecidos que sobran doutras confeccións no noso taller.

Deseñadas para ser prácticas sen perder estilo, estas carteiras teñen o tamaño perfecto para gardar moedas, tarxetas e billetes: todo o imprescindible, sempre contigo.

Feitas con coidado e agarimo no noso pequeno taller artesanal, cada peza conta unha historia de creatividade, sustentabilidade e dedicación.
E detrás de cada modelo, hai tamén unha inspiración que fala da nosa identidade.

O modelo Carteira Canido presenta un estampado que nace da forza creativa do festival de arte urbana deste barrio ferrolán. Unha explosión de cor, expresión e rebeldía que homenaxea o poder da arte nas rúas.

Máis información sobre esta colección

A Carteira Canido pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/

Máis información sobre este evento

Para coñecer algunhas das obras realizadas durante este festival preme aquí 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Carteira Canido”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *