Descripción
Carteira Elas
Colorida colección de carteiras artesanais, combinando os nosos estampados exclusivos con retrincos de tecidos de distintas cores. Cada carteira é unha peza única, creada a partir do aproveitamento responsable dos tecidos que sobran doutras confeccións no noso taller.
Deseñadas para ser prácticas sen perder estilo, estas carteiras teñen o tamaño perfecto para gardar moedas, tarxetas e billetes: todo o imprescindible, sempre contigo.
Feitas con coidado e agarimo no noso pequeno taller artesanal, cada peza conta unha historia de creatividade, sustentabilidade e dedicación.
E detrás de cada modelo, hai tamén unha inspiración que fala da nosa identidade.
O modelo Carteira Elas presenta un deseñoque rende homenaxe a diversas mulleres galegas que deixaron pegada en ámbitos como a ciencia, a arte, a cultura ou o activismo. Un diálogo visual coa memoria e coa forza das que abriron camiño.
Máis información sobre esta colección
A Carteira Elas pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
Outros produtos con este deseño
Tamén podes atopar outros produtos con este estampado aquí






Reseñas
Aínda non hai valoracións.