Descripción
Carteira Mar
Colorida colección de carteiras artesanais, combinando os nosos estampados exclusivos con retrincos de tecidos de distintas cores. Cada carteira é unha peza única, creada a partir do aproveitamento responsable dos tecidos que sobran doutras confeccións no noso taller.
Deseñadas para ser prácticas sen perder estilo, estas carteiras teñen o tamaño perfecto para gardar moedas, tarxetas e billetes. Todo o imprescindible, sempre contigo.
Feitas con coidado e agarimo no noso pequeno taller artesanal, cada peza conta unha historia de creatividade, sustentabilidade e dedicación.
E detrás de cada modelo, hai tamén unha inspiración que fala da nosa identidade.
O modelo Carteira Mar presenta un estampado que afonda na relación íntima de Galiza co mar: redes, ondas, peixes, aves, portos e embarcacións…dan forma a este minimalista pero chamativo deseño.
Máis información sobre esta colección
A Carteira Mar pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
Outros produtos con este deseño
Tamén podes atopar outros produtos con este estampado aquí






Reseñas
Aínda non hai valoracións.