Descripción
Carteira Modernista
Colorida colección de carteiras artesanais, combinando os nosos estampados exclusivos con retrincos de tecidos de distintas cores. Cada carteira é unha peza única, creada a partir do aproveitamento responsable dos tecidos que sobran doutras confeccións no noso taller.
Deseñadas para ser prácticas sen perder estilo, estas carteiras teñen o tamaño perfecto para gardar moedas, tarxetas e billetes: todo o imprescindible, sempre contigo.
Feitas con coidado e agarimo no noso pequeno taller artesanal, cada peza conta unha historia de creatividade, sustentabilidade e dedicación.
E detrás de cada modelo, hai tamén unha inspiración que fala da nosa identidade.
O modelo Carteira Modernista presenta un estampado que se inspira na riqueza ornamental da arquitectura modernista galega. Liñas curvas, formas orgánicas e detalles xeométricos que evocan fachadas, vidreiras e ferronados presentes nas vilas e cidades do país.
Máis información sobre esta colección
A Carteira Modernista pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
Algo de información sobre a arquitectura modernista galega
Para saber máis sobre a arquitectura modernista galega podes premer aquí






Reseñas
Aínda non hai valoracións.