Xiralúa

¡Oferta!

Faldriqueira Sós

O prezo orixinal era: 45,00 €.O prezo actual é: 40,00 €.

Cada faldriqueira desta colección é unha peza única, creada e confeccionada de forma artesanal. Os estampados son de deseño propio, ilustrados por nós, e inspíranse na cultura galega e portuguesa: na súa paisaxe, nas cores do mar, nas tradicións, na súa historia, a súa literatura…

Feitas con tecidos impermeables e deseño por ambos lados, combinan beleza, comodidade e resistencia.

Características principais:

  • Estampados de creación propia e ilustracións inspiradas na cultura galego-portuguesa.
  • Tecido impermeable e deseño por ambos lados.
  • Asa de algodón de 3 cm de grosor, regulable e con peche de mosquetón.
  • Forro interior con estampado.

1 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Feita artesanalmente no noso taller, esta faldriqueira combina funcionalidade e poesía. Feita con mimo e inspiración, esta faldriqueira nace do diálogo entre o mar e a poesía. O seu estampado de creación propia está inspirado no poema Sós de Manuel Antonio, unha homenaxe ao espírito mariñeiro e á soidade lírica do poeta.

Leva os versos no seu centro, como un pequeno recordo que acompaña cada camiño.
Confeccionada en tecido impermeable e con deseño por ambos lados, garante durabilidade e estilo en calquera situación.

Dispón dunha asa de algodón de 3 cm de grosor, regulable e con peche de mosquetón para maior comodidade. O forro interior tamén está estampado, coidando cada detalle desde dentro.

Unha faldriqueira que leva o mar e a poesía de Galiza sempre contigo. 🌊💙

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Faldriqueira Sós”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *