Xiralúa

Lámina conmemorativa 8M

15,00 

Lámina coa ilustración conmemorativa do 8M.

Esta peza visual captura a esencia e o significado detrás do Día Internacional da Muller, honrando as loitas pasadas, presentes e futuras pola igualdade.

  • Representa a sororidade, unión e forza feminina.
  • Creación baseada en fotografías antigas e na cultura popular galega.
  • Impresión en papel estucado mate de 350 g/m².
  • Tamaño A4 (21 x 29,7 cm), perfecta para emmarcar ou regalar.
  • Peza artística que celebra a igualdade, a tradición e a loita das mulleres.

 

1 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Lámina conmemorativa do 8M

Inspirada na forza colectiva e na memoria compartida, a ilustración celebra o Día Internacional da Muller como un espazo de lembranza, recoñecemento e esperanza.

A obra parte da nosa colección Oficios de mulleres, unha serie de ilustracións creadas a partir de antigas fotografías que retratan a vida cotiá e o traballo das mulleres galegas, protagonistas silenciosas da nosa historia. Nelas reflíctese a dignidade do esforzo, a destreza das mans e o peso da tradición transmitida de xeración en xeración.

Nesta peza conmemorativa, esas mulleres volven atoparse: costureiras, leiteiras, redeiras, labregas, fiandeiras… Todas xuntas, formando unha escena coral que simboliza o vínculo, a sororidade e a forza común. A súa unión representa non só o pasado, senón tamén a continuidade dunha loita viva pola igualdade e o recoñecemento.

Máis información sobre a colección Oficios

Podes ver a colección de oficios! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/

E recorda!

Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación, onde realizan deseños especiais para cada peza todos en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas e sempre en calidade Conservación, con vidro transparente de 2mm, traseira de MDF e colgador metálico de serrreta no reverso. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lámina conmemorativa 8M”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *