Descripción
Lámina Coralia e Maruxa
Esta ilustración é unha homenaxe ás emblemáticas irmás compostelás Coralia e Maruxa, máis coñecidas como as dúas Marías. As súas coradas roupas contrastan coa represión que sufriron xunto cos seus irmáns trala Guerra Civil a causa da postura política republicana da súa familia. Durante moito tempo consideradas simplemente personaxes pintorescas e mesmo como tolas, hoxe coñecemos a súa triste historia de represión pero tamén de resistencia.
Sobre os versos que acompañan á ilustración:
Acompaña a ilustración unha frase de Luís Seoane que aparece no limiar do libro Na brétema, Sant-Iago (1956) ao que pertencen poemas como “Cabo. A derradeira imaxe. 1936” e que fala, precisamente, da violencia específica que se exerceu contra as mulleres durante o franquismo.
“Mais, nós non estamos vencidos. O paxaro canta ceibe no noso peito”.
Un poema que ben podía estar escrito pensando en Maruxa e Coralia, así como en tantas outras vítimas da represión:
A filla do zapateiro, ou do ferreiro, ou do xastre, era levada en camisa pol-as rúas marcadas a fogo tres letras na fronte, a cabeza enfeitada, escarnecida, despoxada dos longos rizos loiros. Berrábanlle as letras da fronte. Eran soio ceibes a mar e os paxaros.
Sobre Coralia e Maruxa:
Máis información sobre estas dúas figuras aquí
Máis ilustración nestes estilo pictórico para combinar:
https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/ultimas/
https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
E recorda!
Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación, onde realizan deseños especiais para cada peza todos en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas e sempre en calidade Conservación, con vidro transparente de 2mm, traseira de MDF e colgador metálico de serrreta no reverso. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.





Reseñas
Aínda non hai valoracións.