Xiralúa

Lavandeiras

15,00 

Lámina Lavandeiras, forma parte dunha colección de ilustracións que recrean escenas da vida cotiá a partir de fermosas fotografías antigas representativas da cultura popular galega.

 

Características:

  • Cadrada (200 x 200 mm)
  • Papel: estucado mate 350 g
  • Impresión Dixital
  • Deseño de Xiralúa
  • Non inclúe marco

2 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Colección de oficios: Lavandeiras

Esta colección de ilustracións nace do desexo de rescatar e reinterpretar escenas cotiás da Galiza tradicional, a partir de fotografías antigas que capturan momentos representativos da cultura popular galega. As imaxes orixinais, moitas delas en branco e negro, son auténticos documentos visuais cargados de memoria, emoción e beleza. Quixemos traducir esa esencia a unha linguaxe gráfica máis contemporánea, establecendo unha ponte entre o pasado e o presente.

Tradición e modernidade

Cada ilustración é unha reconstrucción sensible, onde o nostálxico e o moderno conviven en harmonía. A través da cor, a composición e un enfoque artístico actual, quixemos transformar recordos visuais en pezas que falan tanto de identidade como de renovación. A estética moderna non busca borrar a pegada do tempo, senón acompañala, resaltala e outorgarlle un novo significado. Así, o xesto dunha muller lavando no río, unha escena de romería ou un xogo infantil nunha aldea convértense en estampas atemporais que seguen dialogando cos que as observan hoxe.

A colección non só pretende evocar a Galiza de antes, senón tamén poñer en valor as raíces, a cotiandade compartida e as pequenas historias que conforman o tecido emocional dunha cultura. Hai nestas obras unha intención de mirar cara atrás sen perder o presente, de rendir homenaxe a quen viviu antes ca nós e de invitar a unha nova xeración a descubrir —e redescubrir— a riqueza da súa herdanza visual.

A través desta fusión de reminiscencia e estética contemporánea, propoñemos unha maneira de mirar o pasado con tenrura, respecto e creatividade.

Máis información sobre esta colección

A peza Redeiras pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/

Sobre as redeiras:

Máis información sobre este oficio aquí

E recorda!

Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación, onde realizan deseños especiais para cada peza todos en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas e sempre en calidade Conservación, con vidro transparente de 2mm, traseira de MDF e colgador metálico de serrreta no reverso. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Lavandeiras”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *