Descripción
Mochila Elas
As nosas mochilas son moito máis ca un complemento: son unha peza de moda lenta, nacida do respecto polos tempos, os materiais e o valor do feito local.
O seu estampado é de creación propia, un deseño que rende homenaxe a diversas mulleres galegas que deixaron pegada en ámbitos como a ciencia, a arte, a cultura ou o activismo. Un diálogo visual coa memoria e coa forza das que abriron camiño.
Pensada para acompañarte no día a día, combina deseño e funcionalidade: feita con tecidos repelentes á auga, conta con gran capacidade, asas regulables para maior comodidade e un forro interior con dous petos para manter todo organizado.
Na súa parte traseira presenta unha cremalleira ampla para ter o esencial sempre a man e protexido.
Levas contigo unha historia feita con tempo, con sentido, e con alma galega.
Máis información sobre esta colección
A mochila Elas pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
Outros produtos con este deseño
Tamén podes atopar outros produtos con este estampado aquí








Reseñas
Aínda non hai valoracións.