Descripción
Mochila Etnográfica
As nosas mochilas son moito máis ca un complemento: son unha peza de moda lenta, nacida do respecto polos tempos, os materiais e o valor do feito local.
O seu estampado é de creación propia, un deseño inspirado no patrimonio arquitectónico etnográfico galego: hórreos, pallozas, muíños, pontes e outras construcións que forman parte da paisaxe e da alma do país. Un diálogo visual co saber popular, a funcionalidade e a beleza da arquitectura tradicional.
Pensada para acompañarte no día a día, combina deseño e funcionalidade: feita con tecidos repelentes á auga, conta con gran capacidade, asas regulables para maior comodidade e un forro interior con dous petos para manter todo organizado.
Na súa parte traseira presenta unha cremalleira ampla para ter o esencial sempre a man e protexido.
Levas contigo unha historia feita con tempo, con sentido, e con alma galega.
Máis información sobre esta colección
A mochila Etnogtráfica pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/
Outros produtos con este deseño
Tamén podes atopar outros produtos con este estampado aquí








Reseñas
Aínda non hai valoracións.