Xiralúa

Mochila Foliada

(1 valoración do cliente)

70,00 

Mochila artesanal, con deseño exclusivo e coidado ata o último detalle. Estas pezas son impermeables, perfectas para o día a día, viaxes ou escapadas ao aire libre. Os seus estampados frontais son orixinais, de creación propia e inspirados na cultura e no patrimonio galego.

Fechan na súa parte superior cunha lapela que se suxeita co corpo central a través dun mosquetón. Interior forrado con dous petos funcionais para organizar obxectos pequenos (móbil, chaves, carteira…). Presenta tamén un peto traseiro grande con cremalleira vertical, cómodo e seguro para gardar o máis importante.

  • Asas de algodón de 3 cm, regulables, para maior confort e adaptabilidade; pequena asa de man.
  • Pezas únicas, de edición limitada, creadas con mimo.
  • Ideal para quen valora o deseño galego, o traballo artesanal e a funcionalidade con estilo.
  • Medidas: 32 x 34 x 7 cm aprox.

1 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Mochila Foliada

As nosas mochilas son moito máis ca un complemento: son unha peza de moda lenta, nacida do respecto polos tempos, os materiais e o valor do feito local.

O seu estampado é de creación propia, un deseño que recolle o espírito das foliadas: cor, movemento e alegría compartida arredor da gaita, o pandeiro e a danza.

Pensada para acompañarte no día a día, combina deseño e funcionalidade: feita con tecidos repelentes á auga, conta con gran capacidade, asas regulables para maior comodidade e un forro interior con dous petos para manter todo organizado.

Na súa parte traseira presenta unha cremalleira ampla para ter o esencial sempre a man e protexido.

Levas contigo unha historia feita con tempo, con sentido, e con alma galega.

Más información sobre esta colección

A mochila Foliada pertence a unha colección que podes ver completa no seguinte enlace

Outros productos con este deseño

Tamén podes encontrar o deseño Foliada en forma de lámina aquí

Outros deseños relacionados coa música

No seguiente enlace podes ver a nosa ilustración dedicada ás Cantareiras.

 

1 valoración en Mochila Foliada

  1. María (propietario verificado)

    Mochila perfecta, moi cómoda e resistente. O deseño é precioso e cheo de detalles. Moi recomendable.

    • xiralua

      Moitas grazas, María. Alegrámonos de que gostaras da mochila. Unha forte aperta!

Engadir unha valoración

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *