Xiralúa

Mochila Literaria

70,00 

Mochila con estampado de creación propia e feita artesanalmente.

Conta cunhas asas regulables de algodón espigado; presenta tamén unha pequena asa de man. Fecha na súa parte superior cunha lapela que se suxeita co corpo central a través dun mosquetón. Presenta un compartimento na parte traseira que fecha verticalmente cunha ancha cremalleira. Forro interior con dous petos. 

As nosas mochilas son elaboradas artesanalmente e en tiradas curtas.

Medidas: 32 x 34 x 7 cm aprox.

1 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Mochila Literaria
As nosas mochilas son moito máis ca un complemento: son unha peza de moda lenta, nacida do respecto polos tempos, os materiais e o valor do feito local.

O seu estampado é de creación propia,un deseño que celebra a literatura e a cultura galega a través das figuras de escritores/as, músicos/as e artistas que contribuíron a construír a nosa identidade. Un diálogo visual coa creatividade e co patrimonio cultural do país.

Pensada para acompañarte no día a día, combina deseño e funcionalidade: feita con tecidos repelentes á auga, conta con gran capacidade, asas regulables para maior comodidade e un forro interior con dous petos para manter todo organizado.

Na súa parte traseira presenta unha cremalleira ampla para ter o esencial sempre a man e protexido.

Levas contigo unha historia feita con tempo, con sentido, e con alma galega.

Máis información sobre esta colección

A mochila Literaria pertence a unha colección que podedes ver “completa” no seguinte enlace! https://www.xiralua.com/categoria-producto/ilustracion/oficios/

Outros produtos con este deseño

Tamén podes atopar o deseño Literario en forma de lámina aquí

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Mochila Literaria”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *