Mochila artesanal con estampado da revista Nós
Feita artesanalmente no noso taller, esta mochila combina funcionalidade, deseño e identidade galega. O seu corpo principal, realizado con tea de pana negra, serve de lenzo perfecto para destacar o deseño frontal: a portada da revista Nós serigrafiada artesanalemnte.
Características
O peto frontal, decorado con este deseño, féchase cunha cremalleira. Na parte superior, unha ancha cremalleira negra garante un peche seguro e práctico, mentres que na parte traseira incorpora outro compartimento con cremalleira vertical, ideal para gardar obxectos de uso frecuente.
As asas regulables de algodón espigado, de 3 cm de ancho, aseguran comodidade e resistencia, e complétanse con dúas pequenas asas de man que tamén contan cun feche de broche para maior seguridade e estilo.
No interior, un forro cuadriculado en tons grises e un pequeno peto aberto.
Cada mochila é unha peza única, confeccionada de maneira artesanal, polo que pode presentar pequenas variacións que lle outorgan carácter e autenticidade.
Medidas aproximadas: 28 x 32 x 5 cm
Unha mochila con alma galega, práctica e elegante, que une tradición, deseño e funcionalidade para acompañarte en cada camiño. 💙
Medidas: 28 x 32 x 5 cm aprox.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.