Xiralúa

Pack de oficios

20,00 

Pack de ilustracións de oficios tradicionais dedicado á muller, presentados cun packaging realizado artesanalmente.


Características:
Tamaño: 105 x 150 mm
Papel: estucado mate 350 g.

3 dispoñibles

Descripción

Pack de Oficios: Mulleres

Descubre esta colección única de oito ilustracións minimalistas que celebran a vida cotiá das mulleres a través do tempo. Inspiradas en fotografías antigas, cada obra mostra a forza, a dedicación e a beleza do seu traballo.

O pack inclúe representacións de oficios tradicionais: labrega, mariscadora, redeira, costureira, fiandeira, peixeira, leiteira e palilleira.Cada ilustración combina trazos limpos e sinxelos cunhas paletas de cores vibrantes que destacan a esencia de cada actividade, ofrecendo unha visión artística e contemporánea de oficios tradicionais.

As ilustracións miden 10 x 15 cm e veñen presentadas nun delicado packaging de cartolina craft cosida en frío branco, que engade un toque persoal e artesanal. Este pack convértese nunha peza perfecta para decorar, coleccionar ou regalar, combinando historia, arte e deseño minimalista nun mesmo produto.

Esta colección é unha homenaxe ás mulleres traballadoras de todos os tempos, mantendo vivo o legado dos seus oficios. Unha visión fresca e moderna a través do deseño vectorial e minimalista.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Pack de oficios”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *