Xiralúa

¡Oferta!

25 de Abril (S)

O prezo orixinal era: 35,00 €.O prezo actual é: 30,00 €.

Os novos suadoiros bordados non noso taller co icónico deseño da Revolução dos Cravos do 25 de abril, renden homenaxe a un momento histórico de grande importancia en Portugal e no mundo.
O deseño do suadoiro presenta a imaxe do cravo ou caravel vermello que simboliza a transición pacífica e revolucionaria que tivo lugar en Portugal en 1974. O bordado captura con claridade cada detalle deste poderoso emblema e centra a atención da prenda.
Queres transmitir identidade? Ademais de vestir unha prenda de moda, estarás levando un anaco de historia no teu peito.


Características:

  • 260 g/m²
  • 60% algodón, 40% Polyester
  • Mangas raglán
  • Mangas, puños e baixos en canalé
  • Tecido tubular
  • Bordado a máquina no noso taller

Bordado a máquina no noso taller.

Certificados: Oeko-tex® standard 100, Wrap e Business Social Compliance Initiative (BSCI).

1 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Suadoiro 25 de abril

Unha homenaxe ao 25 de abril, a Revolução dos Cravos, símbolo da conquista da liberdade en Portugal.

Unha peza que combina estilo e significado. Este suadoiro destaca polo seu bordado discreto na marxe superior dereita: un pequeno caravel colocado verticalmente acompañado da emblemática frase: “25 de abril SEMPRE”. Un deseño minimalista pero directo onde a reducida pero chamativa paleta cromática destaca vivamente sobre o tecido gris da prenda.

Unha homenaxe sutil e contemporánea á liberdade e á memoria histórica, feita para quen quere levar unha mensaxe de identidade e compromiso no seu día a día. Cómodo, actual e con personalidade, é un suadoiro que combina moda e simbolismo.

Unidades limitadas, feitas con coidado e pensadas para quen quere vestir algo diferente. Moda con identidade, con palabra e con carácter.

Podes encontrar outras prendas bordadas aquí

Sobre o 25 de abril:

Máis información sobre este acontecemento aquí

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “25 de Abril (S)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *