Xiralúa

¡Oferta!

Suadoiro Maio longo S

O prezo orixinal era: 35,00 €.O prezo actual é: 30,00 €.

Suadoiro bordado cun deseño inspirado nos versos de Rosalía de Castro.

Mergúllate na beleza da poesía galega cos nosos suadoiros bordados. Esta prenda rende homenaxe á inmortal poeta Rosalía de Castro co seu poema Maio longo…maio longo.

Os nosos suadoiros buscan ser algo máis que unha prenda de vestir, buscan ser un tributo á rica herdanza literaria e cultural da Galiza. Ademais, os seus tecidos e tacto suave aseguran que te sintas cómod@ en calquera ocasión.

Características:
  • 280 g/m²
  • 80% algodón ring-spun peinado, 20% poliéster (Denim: 60% algodón, 40% poliéster; Light Oxford: 70% algodón, 30% poliéster)
  • Pescozo, puños e baixo en canalé
  • Mangas montadas
  • Costuras laterais
  • Interior peinado

Bordado a máquina no noso taller.

1 dispoñibles

Categorías: ,

Descripción

Suadoiro Maio

Dende o noso taller saen estes suadoiros bordados con deseños propios que beben da literatura galega. Unidades limitadas, feitas con coidado e pensadas para quen quere vestir algo diferente. Moda con identidade, con palabra e con carácter.

Son prendas cómodas e actuais, pero cargadas de significado: levan consigo a forza da nosa lingua e a creatividade que florece nela.

Porque a nosa cultura tamén se pode levar posta.

Podes encontrar outras prendas bordadas aquí

Para saber máis sobre o poema que inspirou esta prenda preme aquí. Ou escoita a versión musicada por Amancio Prada aquí.

Información adicional

Talla

Talla

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Suadoiro Maio longo S”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *