Descripción
Este retrato vectorial minimalista do Zeca Afonso pon o foco na forza e simbolismo que representa a súa postura. A imaxe do Zeca, cun cravo vermello erguido sobre a súa cabeza, recolle o espírito de resistencia e a loita polo cambio que marcaron a súa carreira e a súa implicación na Revolução dos Cravos.
A elección do minimalismo permite que a figura do cantante se transmita a través dun estilo sinxelo, onde as formas básicas e o uso limitado de cor destacan os elementos máis importantes: a súa postura decidida e o cravo vermello, símbolo de paz e transformación.
O fondo escuro que predomina na imaxe contribúe á sensación de solemnidade e reflexión, mentres que o uso dun espazo vacío e limpo resalta a intensidade do xesto. A expresividade do Zeca, a súa mirada baixa e a súa roupa sinxela contrastan coa cor vibrante da flor, o único elemento que se destaca na composición, simbolizando a resistencia e a loita pacífica.
Este retrato minimalista captura non só a figura física do artista, senón tamén a súa esencia como símbolo da loita por liberdade e xustiza social.
Máis información sobre o Zeca Afonso:
Artigo 25 de abril sempre! 8 vínculos entre Galiza e Portugal aquí
Outros produtos relacionados co 25 de abril:
Podes encontrar outras ilustracións así como produtos téxtiles nos seguintes enlaces:
https://www.xiralua.com/producto/suadoiro-25-de-abril/
https://www.xiralua.com/producto/lamina-25-de-abril/
E recorda!
Se queres facer un agasallo e buscas estas ilustracións enmarcadas, colaboramos co proxecto de Casal de Creación, onde realizan deseños especiais para cada peza todos en madeira de ayous crú. As pezas van flotadas e sempre en calidade Conservación, con vidro transparente de 2mm, traseira de MDF e colgador metálico de serrreta no reverso. O seu tamaño é de 29 x 29 cms. Consúltanos, sen compromiso, para máis información.





Reseñas
Aínda non hai valoracións.