Modelo | 25 de abril, Cántiga, Eu tamén navegar, Orión, Sós |
---|
Sacas bordadas
€45.00
Bolsas de algodón orgánico de asa longa. Presentan forro interior liso, cuadriculado ou listado, cun peto para gardar e ter a man o máis importante. Estas sacas están bordadas no noso taller con distintos deseños que fan referencia a algúns dos máis fermosos versos da nosa literatura.
No caso dos modelos con varias versións indica en comentarios cal delas queres.
Cántiga:
Este modelo está feito a partir duns versos de Cántiga, de Curros Enríquez. Esa persoa, camiño da emigración, e saudoso xa da súa terra vendo como as anduriñas voan en dirección á terra.
Eu tamén navegar:
Este modelo está feito a partir do famoso verso do poema Penélope, de Xohana Torres. A forma curva do texto fai referencia a ese mar polo que Penélope, igual que fixo Ulises, tamén quere navegar, tomar as rendas da súa vida. Ser, en definitiva, libre e igual.
Orión:
O modelo “Orión” está inspirado no poema S.O.S., de Manuel Antonio, e mediante os seus versos perdémonos na noite, en medio dun mar onde só vemos a luz do faro e das estrelas que conforman a constelación de Orión.
25 de abril:
Bolsa bordada co icónico deseño da Revolução dos Cravos do 25 de abril, homenaxe a un momento histórico de grande importancia en Portugal e no mundo. O deseño presenta a imaxe do cravo ou caravel vermello que simboliza a transición pacífica e revolucionaria que tivo lugar en Portugal en 1974.
Sós:
Con este último modelo voltamos homenaxear a magnífica figura do poeta rianxeiro. Estes versos do poema Sós acompáñannos desde os nosos primeiros pasos como marca de artesanía. Como non habían estar presentes nesta pequena colección?
Características:
- Gramaxe de 340 g/m² ou 240 g/m²
- Medidas aprox: 38 x 42 cm (os modelos poden variar, sendo algunhas máis grandes)
- Capacidade: 10 litros
- Lonxitude das asas: 67 cm
- As azuis presentan tecido resistente Premium, 100% algodón orgánico con certificado ORGANIC CONTENT STANDARD 100 (OCS 100). As de tons claro son de lona de algodón de 240 g/m².