Xiralúa é deseño
Resolvemos graficamente as túas necesidades dentro dás áreas do deseño gráfico: identidade de marca, ilustración, deseño editorial e deseño publicitario. Transformamos ideas en resultados visuais que contan historias e tratamos de deixar unha pegada na xente que os contempla.
1
Branding
O branding corporativo é a esencia da túa empresa ou asociación, a súa personalidade. O xeito no que te comunicas co teu público, o teu nome, o primeiro impacto no cliente, en definitiva, o que perdura no tempo e na memoria.
En Xiralúa creamos a túa identidade corporativa a través de estilos visuais que conectan marca con cliente intentando que perduren co paso do tempo, utilizando recursos gráficos, tipográficos, cromáticos e semióticos para crear unha verdadeira linguaxe visual propia e única para a túa marca.
Servizos de branding
Deseño de logotipos: Creamos logos adaptados ás túas necesidades, que transmitan os valores da túa empresa e destaquen fronte á competencia.
Deseño de papelaría: Cada elemento do teu negocio, desde a túa tarxeta de visita até as facturas, deben transmitir a personalidade da túa marca de xeito coherente e coidado.
Deseño de sinatura de e-mail: A sinatura de e-mail funciona como tarxeta de visita dixital. Amosa unha imaxe corporativa coherente á hora de comunicarte co teu público.
Plantillas para posts: Deseñamos plantillas editábeis para o teu feed de redes sociais e manter, deste xeito, unha estética compacta e profesional.
Merchandising: Preparamos para imprenta produtos promocionais para que a túa marca sexa difundida e recoñecida.
Manual de identidade: Recollemos todo o que ten que ver coa identidade de marca e o xeito correcto de empregala nun manual de uso.
2
Ilustración dixital
A ilustración é unha ferramenta imprescindible á hora de sintetizar ideas para que cheguen ao teu público máis rapidamente, reforzando a mensaxe que se quere transmitir. É, polo tanto, un complemento ideal do deseño gráfico para mellorar a túa comunicación.
En Xiralúa poñemos ao teu servizo as nosas habilidades en ilustración dixital para elaborar os teus cartaces, folletos divulgativos, libros ou revistas. Realizamos tanto ilustración editorial como ilustración publicitaria para márketing dixital ou redes sociais.
Servizos de ilustración
Comunicación visual eficaz: É unha ferramenta poderosa para transmitir ideas complexas de xeito sinxelo e atractivo.
Flexibilidade: Pode adaptarse a distintos medios como: libros, revistas, publicidade, contido dixital, etc.
Reforza a identidade de marca: No ámbito comercial, unha ilustración ben deseñada pode reforzar a identidade visual dunha marca, aportando un estilo distintivo e memorábel que axuda a diferenciarse da competencia.
Accesibilidade e inclusividade: Pode superar as barreiras lingüísticas e culturais, comunicando ideas de xeito universal.
Estética e valor artístico: Non só cumpre unha función comunicativa, senón que tamén aporta beleza e valor estético aos medios nos que se atopa.

Beneficios da ilustración

3
Deseño editorial
O deseño editorial é a parte do deseño gráfico dedicada á maquetaxe e composición de publicacións como revistas, xornais, libros, catálogos…
O principal cometido do deseño editorial é a organización e presentación de imaxes e textos dun xeito claro, aportando valor estético e personalidade a un contido para atraer atención d@s lectores/as.
Servizos de maquetaxe
Revistas: Deseñamos e maquetamos revistas de diferente temática: moda, deportes, ciencia…
Libros: Realizamos a maquetaxe de calquera xénero literario: novelas, poemarios, ensaios, teatro…
Catálogos: Maquetamos todo tipo de catálogos para a túa empresa, desde moda até mobiliario, automoción, etc.
Memorias: Maquetamos os resultados anuais da túa empresa empregando gráficas, iconas e imaxes.
Folletos: Deseñamos folletos, flyers, dípticos e trípticos para publicitar eventos, festas, roteiros…
Guías: Deseñamos e maquetamos guías turísiticas para promocionar lugares de interese e roteiros do teu concello.
4
Deseño publicitario
O deseño publicitario é unha disciplina do deseño gráfico enfocada na creación de pezas visuais cuxo obxectivo é comunicar mensaxes persuasivas, captar a atención do público e motivalo a realizar unha acción específica, ben sexa comprar un produto, adoptar unha idea, asistir a un evento ou ben mellorar a percepción dunha marca.
Noutras palabras, o deseño publicitario emprega recursos visuais para acadar obxectivos comerciais ou de comunicación no ámbito do marketing e a publicidade.
Servizos de deseño publicitario
- Publicidade impresa:
- Folletos e flyers
- Posters e cartaces
- Anuncios en revistas e xornais
- Publicidade online:
- Banners e anuncios dixitais
- Posts e stories para redes sociais
- Publicidade exterior:
- Valos publicitarios
- Transporte público
- Pantallas LED e mupis.
- Publicidade de produto:
- Customización de packaging
- Etiquetas de produto
- Publicidade de eventos:
- Stands e rollups
- Merchandising
- Convites
- Acreditacións

Gustaríache traballar con nós?
SOLICITA O TEU ORZAMENTO
Cóntanos o que precisas e enviámosche un orzamento segundo as túas necesidades.