EQUIPO Xiralúa

O meu nome é Sofía!

Son a cofundadora de Xiralúa e directora creativa do proxecto. Ademais, son licenciada en Historia de Arte, con mestrado en Arqueoloxía e técnica de preimpresión en artes gráficas. Son a encargada de realizar ilustración e, tamén, o fío e a agulla de Xiralúa.

Ola!

Ola!

EQUIPO Xiralúa

Eu son Fernando!

Son cofundador de Xiralúa e director de arte complementario do proxecto. A miña formación inclúe unha licenciatura en Humanidades, mestrado en Arqueoloxía e un título como como técnico superior en deseño e produción editorial.  

OFRECEMOS SOLUCIÓNS GRÁFICAS PARA A TÚA EMPRESA OU PROXECTO PERSOAL

Por que traballar con nós?

Instaladas na contorna de Santiago de Compostela, levamos máis de oitos anos ofrecendo servizos gráficos para satisfacer as demandas dos nosos clientes.

Neste percorrido traballamos con empresas e particulares de grande parte da xeografía galega, incluíndo as áreas de Ferrol, Lugo, A Coruña, Pontevedra, Vigo e Ourense.  

Aportamos a nosa creatividade e experiencia nos eidos do deseño gráfico, a ilustración dixital, a creación de identidade de marca e o deseño editorial.

En Xiralúa, os nosos clientes son parte fundamental do proceso creativo. Cremos na co-operación, en construír da man e atopar a visión auténtica que cada proxecto demanda. O noso enfoque é simple: escoitamos, creamos e entregamos resultados que fagan sentido. Traballamos contigo para atopar solución creativas e visuais que realmente reflictan a túa visión, sen complicacións nin pretensións. 

Se buscas solucións gráficas para os teus proxectos, non dubides en contactar con nós. Estaremos encantadas de poder axudarte.

Honestidade

Imos de cara. Se proxecto é viable, traballaremos arreo para obter os mellores resultados posibles nos prazo marcado.

Cercanía

Falamos o mesmo idioma. Non deseñamos para ti, deseñamos contigo para chegar sempre a un resultado satisfactorio.

Creatividade

Gústanos o deseño simple e directo. Buscamos que conectes co teu público a través dun deseño claro e visualmente atractivo.

A NOSA MISIÓN

En Xiralúa tratamos de transformar ideas en experiencias visuais únicas que conecten coa xente.

8

anos de experiencia

100+

clientes

1000

cafesitos

2000+

control+z

Xiralúa, máis que deseño gráfico

A nosa marca naceu como un proxecto de artesanía, mesturando o deseño gráfico coa produción dunha serie de produtos téxtiles, papeleiros e de ilustración.

Na nosa tenda on line podes atopar artigos como mochilas, bolsos ou moedeiros, feitos integramente no noso taller baixo o selo de Artesanía de Galicia. Ademais, comercializamos diversas láminas ilustradas asinadas por nós. A peculiaridade dos nosos produtos radica na temática dos seus deseños, sempre inspirados no patrimonio galego.

"O deseño é o embaixador silencioso da túa marca"

Paul Rand

Xiralúa sempre co galego!

Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte

CASTELAO

Na nosa filosofía de traballo a lingua fai parte esencial e, na medida do posible, trataremos de dignificala priorizándoa e facendo un uso normalizado da mesma.